---
title: "Fotografía y Biodiversidad"
url: https://ocbribadeo.org/fotografia-y-biodiversidad/
date: 2024-12-20
modified: 2025-01-24
lang: es
author: "OCB Ribadeo"
description: "(a traducción do galego a outros idiomas no é de todo fiable) Fotografía e Biodiversidade (FyB) é unha asociación sen animo de lucro cuxo fin primordial é fomentar a protección..."
categories:
  - "Páxinas amigas"
tags:
  - "Páxinas amigas"
image: https://ocbribadeo.org/wp-content/uploads/FYB.jpg
word_count: 110
---

# Fotografía y Biodiversidad

(a traducción do galego a outros idiomas no é de todo fiable)

Fotografía e Biodiversidade (FyB) é unha asociación sen animo de lucro cuxo fin primordial é fomentar a protección e o coñecemento da biodiversidade, enmarcada dentro do que se denomina internacionalmente como ciencia cidadá.

Fotografía e Biodiversidade, nace como asociación no ano 2010, co fin principal de xestionar a plataforma Biodiversidade Virtual, plataforma de ciencia cidadá, pioneira e decana na península Ibérica e illas Baleares e Canarias, de recompilación de datos de biodistribución de especies de flora e fauna a través da fotografía dixital xeorreferenciada, actualmente integrada en www.observation.org tras un acordo de asociación coa Fundación Observation internacional.

[https://www.fotografiaybiodiversidad.org/](https://www.fotografiaybiodiversidad.org/)