---
title: "Como fotografiar AVELAÍÑAS para facilitar a súa identificación"
url: https://ocbribadeo.org/como-fotografiar-avelainas-para-facilitar-a-sua-identificacion/
date: 2025-01-04
modified: 2025-01-24
lang: es
author: "OCB Ribadeo"
description: "(a traducción do galego a outros idiomas no é de todo fiable) Aínda que hai avelaíñas (bolboretas nocturnas) que voan de día, a maioría adoitan ser máis activas durante a..."
categories:
  - "Cómo fotografiar"
tags:
  - "Cómo fotografiar"
image: https://ocbribadeo.org/wp-content/uploads/DSC5862web.jpg
word_count: 153
---

# Como fotografiar AVELAÍÑAS para facilitar a súa identificación

(a traducción do galego a outros idiomas no é de todo fiable)

Aínda que hai avelaíñas (bolboretas nocturnas) que voan de día, a maioría adoitan ser máis activas durante a noite, na primavera e no verán, aínda que podemos observalas en calquera época do ano. A observación nocturna cunha luz UV ou unha saba branca pode ser unha experiencia emocionante para descubrir a diversidade que habita na túa zona.

Bosques mixtos, claros e prados son excelentes hábitats, pero sen saír de casa podes observar moitas especies que senten atraídas polas luces da túa vivenda.

Para facilitar a súa identificación, na maioría dos casos é suficiente cunha fotografía dorsal na que se vexa ben o patrón e coloración das ás. É importante tamén que se aprecien ben as antenas, para poder determinar se son macho ou femia.

Os microlepidópteros son máis complicados, ao precisar dunha obxectivo macro e ademais, fotografía dorsal e lateral.

 

![](https://ocbribadeo.org/wp-content/uploads/POLILLAS.jpg)