---
title: "Chaetorellia jaceae"
url: https://ocbribadeo.org/chaetorellia-jaceae/
date: 2025-01-12
modified: 2025-01-24
lang: es
author: "OCB Ribadeo"
description: "(a traducción do galego a outros idiomas no é de todo fiable) Taxonomía: Animalia-Arthropoda-Insecta-Diptera-Tephritidae-Chaetorellia-Chaetorellia jaceae Rareza da especie habitual Mundial Estatus da especie nativo Mundial nativo España   Esta preciosidade..."
categories:
  - "A nosa biodiversidade"
tags:
  - "A nosa biodiversidade"
  - "Dípteros"
image: https://ocbribadeo.org/wp-content/uploads/DSC6688.jpg
word_count: 325
---

# Chaetorellia jaceae

(a traducción do galego a outros idiomas no é de todo fiable)

**Taxonomía**: Animalia-Arthropoda-Insecta-Diptera-Tephritidae-Chaetorellia-*Chaetorellia jaceae*

**Rareza da especie**

habitual Mundial

**Estatus da especie**

nativo Mundial
nativo España

![](https://ocbribadeo.org/wp-content/uploads/DSC6688.jpg)

 

Esta preciosidade de mosca que **mide entre 3 e 5 mm**. no seu estado adulto, é difícil de ver a primeira ollada. Estas moscas están asociadas principalmente con plantas da familia Asteraceae, como especies de Centaurea (cardos e acianos). As larvas desta mosca desenvólvense dentro das cabezas florais, onde se alimentan das sementes. A pupación ocorre dentro da cabeza floral, e os adultos emerxen para continuar o ciclo. Habita en praderías, pasteiros e áreas onde crecen as súas plantas hospedadoras.

 

![](https://ocbribadeo.org/wp-content/uploads/DSC6689.jpg)

 

**Require de moi boa fotografía para a súa identificación precisa**, e non confundilas con outras do mesmo xénero, ou mesmo da mesma familia,  co máximo detalle sobre todo na cabeza e o torax, onde con claridade se aprecien os pelos (setas), entre outros ...

Neste caso, e precisamente pola dificultade que ofrece a identificación de Dípteros, **foi clave a identificación dun experto (Jordi Clavell), fronte á primeira suxestión que ofrecía a NIA** (Chaetostomella cylindrica). O traballo dos expertos que validan as nosas observacións en Observation.org son** clave para garantir a calidade dos rexistros de biodiversidade nesta plataforma de Ciencia Ciudadá.**

**En Ribadeo só constan, a 31/12/2024, dúas observacións desta especie, seguramente debido á dificultade de vela e fotografiala máis que ao seu índice de ocupación nesta zona**.

![](https://ocbribadeo.org/wp-content/uploads/Captura-de-pantalla-2025-01-12-191340.png)![](https://ocbribadeo.org/wp-content/uploads/Captura-de-pantalla-2025-01-12-190957.png)

 

No primerio mapa de presenza desta especie dende o 1900 ata o 31 de Decembro de 2024, podemos ver as observacións validadas por expertos, ou sexa, aquelas observacións nas que está completamente confirmada a especie pola foto que se aportou.

No segundo mapa de presenza podemos ver as observacións que, segundo a NIA, se corresponden con esta especie, pero debido a súa complexidade de identificación, poidera ser que se correspondan con outra do mesmo xénero ou familia.

 

 

E para rematar, outras dúas fotografías de *Chaetorellia jaceae* sacadas en Ribadeo.

![](https://ocbribadeo.org/wp-content/uploads/DSC0371.jpg)

![](https://ocbribadeo.org/wp-content/uploads/DSC0367.jpg)