---
title: "Cicadellidae en fotos (as que se atoparon por Ribadeo)"
url: https://ocbribadeo.org/cicadellidae-en-fotos-as-que-se-atoparon-por-ribadeo/
date: 2026-10-18
modified: 2026-10-18
lang: es
author: "OCB Ribadeo"
description: "Cicadella viridis Cicadella viridis é, probablemente, a especie máis coñecida pola súa coloración verde esmeralda intensa, con tons azul turquesa, e resulta relativamente fácil de recoñecer no campo. Mide entre..."
categories:
  - "A nosa biodiversidade"
image: https://ocbribadeo.org/wp-content/uploads/jassargus-spec2.jpg
word_count: 1071
---

# Cicadellidae en fotos (as que se atoparon por Ribadeo)

***Cicadella viridis***

Cicadella viridis é, probablemente, a especie máis coñecida pola súa coloración verde esmeralda intensa, con tons azul turquesa, e resulta relativamente fácil de recoñecer no campo. Mide entre 7 e 9 mm.

Está amplamente distribuída por Europa e gran parte de Asia temperada. Na Península Ibérica é máis frecuente na metade norte, onde a humidade ambiental favorece a súa presenza.

Normalmente vive sobre gramíneas e outras plantas herbáceas.

A pesar da súa vistosa coloración, adoita pasar desapercibida porque permanece inmóbil entre a vexetación. Cando se sente ameazada realiza potentes saltos antes de iniciar o voo, un comportamento característico dos cicadélidos.

Esta especie está ampliamente rexistrada nas plataformas de Ciencia Cidadá, debido a que dentro da súa familia destaca pola súa vistosidade e tamaño, o que permite fotografala e identificala fácilmente.

![](https://ocbribadeo.org/wp-content/uploads/DSC9786.jpg)![](https://ocbribadeo.org/wp-content/uploads/DSC8710-2.jpg)

 

***Empoasca vitis***

Especie moi fotografada e rexistrada no norte de Europa, na Península apenas disponemos de fotos da mesma (o que non significa que non sexa habitual) sendo en Galiza a fotografía de Ribadeo, **unha das tres fotos da nosa comunidade en observation.org.**

Amplamente distribuído en Europa e coñecido pola súa relación coa vide. Durante moitos anos foi considerado unha das principais pragas dos viñedos, aínda que hoxe se sabe que a súa importancia varía segundo a rexión, o clima e o manexo do cultivo.

Mide entre 3 e 4 mm, de cor verde claro uniforme, ás veces con tonalidades amarelas.

Atópase amplamente distribuído por Europa, Asia occidental e norte de África. Na Península Ibérica está presente en numerosas zonas vitivinícolas, incluída Galicia.

A identificación do xénero *Empoasca* mediante fotografías adoita resultar complicada. Existen numerosas especies moi semellantes entre si e, en moitos casos, **é necesario estudar a xenitalia masculina para confirmar a especie**, polo que as observacións fotográficas adoitan quedar identificadas unicamente como *Empoasca* sp.

Cando se sente ameazada, *Empoasca vitis* desprázase cun movemento moi característico: en lugar de saltar directamente cara arriba, adoita **camiñar rapidamente de lado ou cara atrás** sobre a folla antes de dar un salto ou iniciar o voo, un comportamento típico de moitos membros do xénero *Empoasca*.

![](https://ocbribadeo.org/wp-content/uploads/Empoasca-vitis.jpg)

 

***Eupteryx florida***

É unha especie relativamente frecuente en Europa e está estreitamente asociada ás plantas aromáticas da familia Lamiaceae. Mide entre 3 e 5mm, de cor amarelada ou verde, cun debuxo característico de manchas marróns e negras sobre a cabeza, o pronoto e as ás. Corpo estreito e alongado, con ás transparentes dispostas en forma de tellado.

Está amplamente distribuída por Europa e atópase tamén en numerosas rexións temperadas onde se cultivan plantas aromáticas. Na Península Ibérica é relativamente común. É frecuente atopala tanto en xardíns como en hortas e ambientes naturais.

*Eupteryx florida* adoita recoñecerse con bastante fiabilidade cando aparece sobre as súas plantas hospedadoras habituais e se dispoñen de fotografías nítidas do dorso.

**Curiosidade**

O xénero *Eupteryx* é un excelente exemplo das dificultades da identificación fotográfica dos cicadélidos. Algunhas especies, como *Eupteryx urticae* e *Eupteryx calcarata*, son practicamente imposibles de diferenciar mediante imaxes, mentres que *Eupteryx florida* resulta, en xeral, máis accesible grazas ao seu patrón de coloración e á súa estreita asociación coas plantas aromáticas da familia das labiadas.

Amplamente fotografiada no norte de Europa, **na Península en observation.org só constan catro fotos, unha en Galiza, sendo esta de Ribadeo a única foto da nosa comunidade.**

![](https://ocbribadeo.org/wp-content/uploads/DSC0155.jpg)

***Evacanthus interruptus***

Evacanthus interruptus é un dos cicadélidos europeos máis rechamantes pola súa coloración e tamaño relativamente grande. Pertence á subfamilia **Evacanthinae** e é unha especie amplamente distribuída por Europa, incluída Galicia. Mide entre 6 e 8 mm.

A diferenza de moitos cicadélidos, que presentan cores discretas e son difíciles de distinguir entre si, *Evacanthus interruptus* destaca pola súa aparencia vistosa. Xunto con *Cicadella viridis*, é unha das especies europeas que con maior frecuencia pode identificarse con seguridade a partir de boas fotografías.

![](https://ocbribadeo.org/wp-content/uploads/DSC_6748.jpg)

***Neoaliturus fenestratus***

**A única fotografía desta especie na nosa Comunidade en observation.org. **Mide aproximadamente entre 3 e 4,5 mm. Na Península Ibérica está presente en diversas zonas, sendo máis frecuente en rexións cálidas e secas que na fachada cantábrica. A identificación desta especie unicamente mediante fotografías adoita ser complicada, xa que é moi semellante a outras especies do xénero Neoaliturus. Para unha determinación fiable resulta necesario observar con detalle a venación alar, o patrón de coloración e, en numerosos casos, examinar a xenitalia dos machos, principal carácter empregado polos especialistas para distinguir as especies.

![](https://ocbribadeo.org/wp-content/uploads/DSC_6896.jpg)

***Ribautiana tenerrima***

Ten un tamaño reducido, duns **2,5-3,5 mm** de lonxitude. Adoita permanecer na cara inferior das follas, onde pasa facilmente desapercibida. Está estreitamente asociada ás árbores do xénero **Quercus** (carballos), das que se alimenta extraendo a savia das follas. As especies do xénero **Ribautiana** son excelentes indicadores da diversidade asociada ás carballeiras. Debido ao seu pequeno tamaño (apenas uns milímetros), adoitan pasar desapercibidas, pero forman parte da rica comunidade de insectos que habita nas follas dos carballos e desempeñan un importante papel nas cadeas tróficas forestais.

![](https://ocbribadeo.org/wp-content/uploads/DSC0208.jpg)

***Zygina flammigera***

Mide entre **3 e 4 mm** de lonxitude. Está amplamente distribuída por boa parte de Europa e tamén está presente na Península Ibérica, aínda que adoita pasar desapercibida debido ao seu pequeno tamaño. As especies do xénero *Zygina* son especialmente difíciles de identificar mediante fotografías. A miúdo é necesario observar detalles microscópicos da súa morfoloxía, polo que algunhas observacións só poden determinarse con seguridade ata o nivel de xénero (*Zygina* sp.). Esta é unha das razóns polas que o grupo continúa sendo un reto tanto para afeccionados como para especialistas.

**Moi poucas fotos nas plataformas de ciencia cidadá, sendo a fotografía do OCB a única en observation.org confirmada por experto en Galiza**.![](https://ocbribadeo.org/wp-content/uploads/DSC8629.jpg)

***Zygina lunaris***

Mide entre **3 e 3,5 mm** de lonxitude. A identificación mediante fotografía adoita ser complicada e, en moitos casos, require o estudo da xenitalia dos machos para confirmala. É unha especie pouco observada e pouco fotografada debido ao seu pequeno tamaño.

![](https://ocbribadeo.org/wp-content/uploads/DSC2880.jpg)

***Zygina nivea***

**Mide entre 3 e 3,5 mm** de lonxitude. Debido ao seu pequeno tamaño e á dificultade da súa identificación, probablemente estea infrarrepresentada nos rexistros de biodiversidade.A foto do OCB é a única fotografía na nosa Comunidade Autónoma.

![](https://ocbribadeo.org/wp-content/uploads/DSC0208-1.jpg)

**OUTROS CICADÉLIDOS FOTOGRAFIADOS NO OCB RIBADEO, QUE SÓ QUEDARON EN XÉNERO AO NON SER POSIBLE DETERMINAR A ESPECIE MEDIANTE A FOTOGRAFÍA**
**Alebra spec.**

![](https://ocbribadeo.org/wp-content/uploads/alebra-spec.jpg)
**Edwarsiana spec.**

![](https://ocbribadeo.org/wp-content/uploads/edwarsiana.jpg)
**Empoasca spec.**

![](https://ocbribadeo.org/wp-content/uploads/Empoasca-spec.jpg)
**Eupteryx calcarata/urticae**

![](https://ocbribadeo.org/wp-content/uploads/152637058.jpg)
**Eupteryx spec.**

![](https://ocbribadeo.org/wp-content/uploads/Eupteryx-spec.jpg)
**Euscelis spec.**

![](https://ocbribadeo.org/wp-content/uploads/euscelis-spec.jpg)
**Jassargus spec.**

![](https://ocbribadeo.org/wp-content/uploads/jassargus-spec2.jpg)
**![](https://ocbribadeo.org/wp-content/uploads/jassargus.jpg)Oncopsis spec.**

![](https://ocbribadeo.org/wp-content/uploads/oncopsis.jpg)

E ata hoxe (18/10/2026) estos son os cicadélidos fotografiados en Ribadeo. Espero vos gusten e seguiremos observando polos prados, que seguramente atopemos moitos máis. Graciñas pola vosa visita.