---
title: "Como fotografiar ARAÑAS para facilitar a súa identificación"
url: https://ocbribadeo.org/como-fotografiar-aranas-para-facilitar-su-identificacion/
date: 2024-12-17
modified: 2025-12-19
lang: es
author: "OCB Ribadeo"
description: "(a traducción do galego a outros idiomas no é de todo fiable) Durante a primavera e o verán, as temperaturas son máis cálidas, o que favorece a actividade das arañas...."
categories:
  - "Cómo fotografiar"
tags:
  - "Cómo fotografiar"
image: https://ocbribadeo.org/wp-content/uploads/ocbribadeo-arana-lugo-galicia-fotografiaybiodiversidad-observation.jpg
word_count: 178
---

# Como fotografiar ARAÑAS para facilitar a súa identificación

(a traducción do galego a outros idiomas no é de todo fiable)

Durante a primavera e o verán, as temperaturas son máis cálidas, o que favorece a actividade das arañas. No outono, adoitan estar na súa etapa adulta e é período no que buscan aparearse. Moitas arañas son nocturnas, polo que poden ser máis visibles á noitiña ou cedo pola mañá.

Podemos atopalas baixo follas, pedras e entullos, en flores e plantas, entre as ramas de arbustos e árbores, en esquinas e teitos, en lugares escuros e tranquilos como sotos e áticos, dentro de mobles e caixas, baixo follaxe ou troncos de árbores, tobos ou troncos caidos, en paredes e valos dos patios ou xardíns, edificacións abandonadas, vexetación próxima a estanques,ríos ou lagos, rocas próximas á auga, ....

Para identificar un taxón a través de fotografa algunhas familias son máis fáciles que outras, algunhas moi complicadas, e outras imposibles sen estudo da genitalia.

En xeral, deberiamos, polo menos, sacar tres fotografías:** xeneral do abdome, ollos e cuarto par de patas**.
Especialmente en familias como Gnaphosidae, Linyphiidae e Dysderidae

![](https://ocbribadeo.org/wp-content/uploads/ocbribadeo-fotografiaybiodiversidad-observation-comofotografiar-3.jpg)