Aínda que hai avelaíñas (bolboretas nocturnas) que voan de día, a maioría adoitan ser máis activas durante a noite, na primavera e no verán, aínda que podemos observalas en calquera época do ano. A observación nocturna cunha luz UV ou unha saba branca pode ser unha experiencia emocionante para descubrir a diversidade que habita na túa zona.
Bosques mixtos, claros e prados son excelentes hábitats, pero sen saír de casa podes observar moitas especies que senten atraídas polas luces da túa vivenda.
Para facilitar a súa identificación, na maioría dos casos é suficiente cunha fotografía dorsal na que se vexa ben o patrón e coloración das ás. É importante tamén que se aprecien ben as antenas, para poder determinar se son macho ou femia.
Os microlepidópteros son máis complicados, ao precisar dunha obxectivo macro e ademais, fotografía dorsal e lateral.