---
title: "Como fotografiar COGUMELOS para facilitar a súa identificación"
url: https://ocbribadeo.org/como-fotografiar-cogumelos-para-facilitar-a-sua-identificacion/
date: 2024-12-18
modified: 2025-01-24
lang: es
author: "OCB Ribadeo"
description: "(a traducción do galego a outros idiomas no é de todo fiable) O outono é a mellor época, especialmente despois das choivas, cando o chan está húmido, pero evitando períodos..."
categories:
  - "Cómo fotografiar"
tags:
  - "Cómo fotografiar"
image: https://ocbribadeo.org/wp-content/uploads/ocbribadeo-setas-cogumelos-lugo-galicia-fotografiaybiodiversidad-observation.jpg
word_count: 114
---

# Como fotografiar COGUMELOS para facilitar a súa identificación

(a traducción do galego a outros idiomas no é de todo fiable)

O outono é a mellor época, especialmente despois das choivas, cando o chan está húmido, pero evitando períodos de moita calor ou xeadas. Algúns cogomelos tamén crecen na primavera.

Para facilitar a identificación dos cogomelos debemos sacar varias fotografías: Xeral (cogomelo na natureza), chapeu por arriba, láminas onde se vexa a forma e a cor (utiliza un espello se non queres arrincar o cogomelo) e pé (anel, volva) .

Ademais, achega datos sobre o hábitat: pradería, bosque, árbores da zona (moi importante para determinadas especies), ... “no chan”, “nun tronco”, ...  Tentar describir o seu cheiro tamén axuda para a súa identificación.

![](https://ocbribadeo.org/wp-content/uploads/ocbribadeo-fotografiaybiodiversidad-observation-comofotografiar-4.jpg)