---
title: "Como fotografiar ESCARAVELLOS para facilitar a súa identificación"
url: https://ocbribadeo.org/como-fotografiar-escaravellos-para-facilitar-a-sua-identificacion/
date: 2024-12-18
modified: 2025-01-24
lang: es
author: "OCB Ribadeo"
description: "(a traducción do galego a outros idiomas no é de todo fiable) Podes atopar escaravellos practicamente en calquera hábitat, mesmo acuáticos. Primavera e verán son as mellores estacións para a..."
categories:
  - "Cómo fotografiar"
tags:
  - "Cómo fotografiar"
image: https://ocbribadeo.org/wp-content/uploads/ocbribadeo-escaravello-escarabajo-fotografiaybiodiversidad-observation.jpg
word_count: 134
---

# Como fotografiar ESCARAVELLOS para facilitar a súa identificación

(a traducción do galego a outros idiomas no é de todo fiable)

Podes atopar escaravellos practicamente en calquera hábitat, mesmo acuáticos. Primavera e verán son as mellores estacións para a súa observación. Moitos son nocturnos e acoden á luz. En follaxe, debaixo das pedras ou troncos no bosque, podes  ver moitas especies.

Para facilitar a súa identificación deberiamos incluír datos do seu tamaño, que se vexan con precisión as antenas e os extremos das patas (segundo e terceiro par), apéndices bucais (para poder comparar co tamaño das antenas), a maiores vista lateral se é posible, e fotografar ben os élitros (ás duras), sobre todo se ten detalles: pilosidade, escultura elitral (estrías, punteaduras,…). En ocasións, a planta hospedera é determinante para a identificación da especie, polo que deberiamos facer unha fotografía por se fose necesario.

![](https://ocbribadeo.org/wp-content/uploads/ocbribadeo-fotografiaybiodiversidad-observation-comofotografiar-2.jpg)