---
title: "Como fotografiar LIBÉLULAS E CABALIÑOS DE AUGA para facilitar a súa identificación"
url: https://ocbribadeo.org/como-fotografiar-libelulas-e-cabalinos-do-diano-para-facilitar-a-sua-identificacion/
date: 2025-01-02
modified: 2025-01-24
lang: es
author: "OCB Ribadeo"
description: "(a traducción do galego a outros idiomas no é de todo fiable) Agradecementos a Martiño Cabana Otero pola súa inestimable axuda para poder ofrecer unhas pautas e así optimizar a..."
categories:
  - "Cómo fotografiar"
tags:
  - "Cómo fotografiar"
image: https://ocbribadeo.org/wp-content/uploads/ODONATO.jpg
word_count: 353
---

# Como fotografiar LIBÉLULAS E CABALIÑOS DE AUGA para facilitar a súa identificación

(a traducción do galego a outros idiomas no é de todo fiable)

Agradecementos a** Martiño Cabana Otero** pola súa inestimable axuda para poder ofrecer unhas pautas e así optimizar a fotografía de libélulas e cabaliños de auga para facilitar a súa identificación.

Atópanse a miúdo nas beiras de lagoas, encoros, ríos e regatos. Observa ramas ou talos onde poidan pousarse.

Dependendo do clima, os odonatos comezan a xurdir polas beiras para mediados ou finais da primavera, e desaparecen a finais de verán.

Son insectos de sangue frío e por tanto necesitan da calor do sol para quentarse e activarse, por iso as primeiras horas do día adoitan ser un bo momento para tentar fotografialas estáticas, xa que adoitan permanecer quietas aferradas a unha cana preto do bordo do estanque esperando a que o sol as quente e poidan activarse.

Se o que queremos é fotografialas cando están máis activas deberemos ter en conta que a miúdo  se moven nun territorio reducido que patrullan repetidamente. Observa a súa actividade para predicir onde se pousará.

É importante facer movementos moi lentos tanto nosos como do noso obxectivo. Se facemos movementos rápidos, enseguida nos detectarán como unha ameaza potencial e sairán voando. Se esperamos, volverán á súa zona habitual.

Móvete lentamente e evita sombras directas sobre elas.

As libélulas grandes (Anisópteros) adoitan patrullar áreas abertas e póusanse sobre talos ou rocas.

Os cabaliños de auga (Zigópteros) prefiren áreas máis protexidas preto de vexetación densa.

 

**Ángulos importantes**

- **Vista lateral**: Mostra o perfil do corpo, incluíndo abdome, tórax e patas.
- **Vista dorsal:** É útil para observar patróns no abdome e tórax.

No caso de *Lestes dryas* e *Lestes sponsa* é necesario facer fotografías dos apéndices anais (ao final do abdome) en vista dorsal para o caso dos machos e lateral para as femias.

No xénero Coenagrion é importante fotografar os primeiros segmentos do abdome.

No xénero Sympetrum é necesario que se vexa ben a coloración dos ollos.

**Paciencia e observación da súa conduta. E tentar conseguir fotografías co maior detalle posible desde distintos ángulos para facilitar a súa identificación, priorizando unha fotografía dorsolateral co maior enfoque posible. **

![](https://ocbribadeo.org/wp-content/uploads/libelulas-2.jpg)