(a traducción do galego a outros idiomas no é de todo fiable)
A maioría dos caracois son discretos, difíciles de observar, pola súa actividade fundamentalmente nocturna e o seu pequeno tamaño, a maioría non mide máis duns poucos milímetros.
Podemos BUSCALOS en fontes, ríos, balsas, acequias, lagos … (dentro da auga ou na vexetación das beiras), paredes, gretas, baixo troncos, follaxe, plásticos, cartóns, pedras, ….
PARA CONSEGUIR As MELLORES FOTOS os momentos ideais son os de maior humidade ambiental, primeiras horas da mañá, despois de chover, e sobre todo, POLA NOITE, que saen dos seus agochos.
Os MOLUSCOS DE AUGA DOCE podemos sacalos un momento da auga, facer a foto, e deixalos onde estaban. Non pasa nada por manipular un caracol, despegalo ou sacalo do seu agocho, se despois deixámolo onde estaba.
A identificación dos caracois baséase en forma da cuncha, peristoma, embigo, cor da cuncha e da carne, estriación, nº de voltas, pelos da cuncha
Para identificar as babosas adoita bastar cunha foto lateral desde a parte dereita do animal. Pódese complementar cunha foto dorsal. En grupos difíciles cor do mucus do corpo, tamaño estirado, cor da sola, e descrición do hábitat onde se atopa.