---
title: "Como fotografiar MOSCAS para facilitar a súa identificación"
url: https://ocbribadeo.org/como-fotografiar-moscas-para-facilitar-a-sua-identificacion/
date: 2024-12-18
modified: 2025-01-03
lang: es
author: "OCB Ribadeo"
description: "Agradecementos a Nacho Cabellos e Jordi Clavell pola súa inestimable colaboración para a elaboración destas pautas para facilitar a identificación de moscas. As moscas pódense atopar nunha gran variedade de..."
categories:
  - "Cómo fotografiar"
tags:
  - "Cómo fotografiar"
image: https://ocbribadeo.org/wp-content/uploads/ocbribadeo-moscas-lugo-galicia-fotografiaybiodiversidad-observation.jpg
word_count: 155
---

# Como fotografiar MOSCAS para facilitar a súa identificación

Agradecementos a **Nacho Cabellos e Jordi Clavell** pola súa inestimable colaboración para a elaboración destas pautas para facilitar a identificación de moscas.

As moscas pódense atopar nunha gran variedade de ambientes. Son máis abundantes na primavera e verán,  aínda que, dependendo do clima, pódense atopar tamén no outono e inverno.

Identificalas a partir dunha fotografía é máis complicado do que parece. En xeral, debemos conseguir o **máximo detalle posible**, achegar datos sobre o seu tamaño, e no caso de que se atope nalgunha planta, identificar esta última por se fose necesario.

Unha toma dorsal que permita ver a venación alar, unha toma lateral e unha frontal da cabeza, é o ideal para facilitar a identificación da especie, así como conseguir detalle dos pelos das patas e do tórax. No caso dunha única fotografía,** o ideal é unha toma frontolateral**, na que se aprecien ao mesmo tempo pelos da cabeza, das patas, laterais do torax, ...

![](https://ocbribadeo.org/wp-content/uploads/ocbribadeo-fotografiaybiodiversidad-observation-comofotografiar-moscas.jpg)