---
title: "Do campo de fútbol ao campo natural: xogando en equipo pola biodiversidade"
url: https://ocbribadeo.org/do-campo-de-futbol-ao-campo-natural-xogando-en-equipo-pola-biodiversidade/
date: 2025-07-27
modified: 2025-07-27
lang: es
author: "OCB Ribadeo"
description: "O pasado 23 de xullo, celebrouse unha actividade pioneira no marco dun Campus de Verán de fútbol: un bioblitz organizado pola Fundación Denis Suárez e La Caridad F.C., no que..."
categories:
  - "Eventos 2025"
image: https://ocbribadeo.org/wp-content/uploads/cartel.jpg
word_count: 408
---

# Do campo de fútbol ao campo natural: xogando en equipo pola biodiversidade

![](https://ocbribadeo.org/storage/WhatsApp-Image-2025-07-25-at-20.30.26-scaled.jpeg)O pasado **23 de xullo**, celebrouse unha actividade pioneira no marco dun **Campus de Verán de fútbol**: un **bioblitz** organizado pola **Fundación Denis Suárez** e **La Caridad F.C.**, no que participaron **50 nenos** acompañados polos seus monitores.

Durante a xornada, os participantes, organizados en grupos, exploraron o entorno natural en busca de especies de flora e fauna, nunha experiencia que combinou deporte, natureza e ciencia cidadá.

A actividade contou coa colaboración da **Asociación Fotografía e Biodiversidade**, que apoiou tanto na organización como no acompañamento sobre o terreo. Para o **rexistro de datos**, utilizouse a plataforma de ciencia ciudadá **Observation.org**. Rexistramos todos os datos a través da súa App **ObsIdentify**, moi intuitiva e sinxela de usar.

Do mesmo xeito que no fútbol, no mundo da biodiversidade **o traballo en equipo é clave**:  compartir descubrimentos e observar con atención son habilidades tan valiosas no campo de xogo como na exploración do medio natural.

Ademais das especies rexistradas, a xornada deixou **momentos inesquecibles e curiosos**: un **insecto pau apareceu no pantalón xusto mentres se explicaba como usar a app**, un sorprendente **sepión foi atopado no medio do campo**, e mesmo atopamos un **morcego de ferradura**  no coche dun dos monitores. Tamén se descubriu unha **sorprendente biodiversidade nos baños do campus**, demostrando que a vida silvestre pode aparecer nos lugares máis inesperados: polillas, saltamontes, etc.

![](https://ocbribadeo.org/storage/insectopalo.jpg)

![](https://ocbribadeo.org/storage/128528965.jpg)Para pechar a semana, o **venres 25** celebrouse unha **entrega de diplomas**, recoñecendo o esforzo e entusiasmo de todos os equipos participantes. Premiouse ao **equipo con maior número de observacións (Diploma "No se me escapa ni una")**, ao **equipo con máis especies rexistradas (Diploma "Ojo de lince")**, e ao **equipo que atopou a especie máis particular (Diploma "El que hizo decir Wow")**: un exemplar de escarabello do xénero *Carabus, *presumiblemente un *Carabus lineatus, *que estamos á espera da súa validación por expertos. Esta especie, endémica do noroeste peninsular, é un bo bioindicador de entornos naturais ben conservados, polo que o seu achado foi especialmente significativo.

![](https://ocbribadeo.org/storage/DSC1896.jpg)

Ademais, outorgouse un **diploma de honra a Javi (Diploma "Guía de aventuras")** en agradecemento pola súa axuda e apoio constante durante toda a xornada.

Esta actividade destaca, ademáis, por ser **pioneira** por parte dunha Fundación deportiva, demostrando que o deporte tamén pode ser unha porta de entrada para despertar o interese pola natureza.

Noraboa e agradecementos a La Caridad F.C. e a Fundación Denis Suárez, por esta iniciativa, e por confiar en Asociación Fotografía y Biodiversidad, e Observation.org, para levala a cabo!!!!!