---
title: "“Explorar entorno” en Observation.org"
url: https://ocbribadeo.org/explorar-entorno-en-observation-org/
date: 2025-07-18
modified: 2025-07-18
lang: es
author: "OCB Ribadeo"
description: "Descubrindo a biodiversidade con \"Explorar entorno\" en Observation.org Algunha vez te preguntaches que especies se teñen observado preto da túa casa, no teu Concello, …? Coa ferramenta \"Explorar entorno\" de..."
categories:
  - "observation.org"
image: https://ocbribadeo.org/wp-content/uploads/Explorar-entorno.jpg
word_count: 206
---

# “Explorar entorno” en Observation.org

**Descubrindo a biodiversidade con "Explorar entorno" en Observation.org**

Algunha vez te preguntaches que especies se teñen observado preto da túa casa, no teu Concello, …? Coa ferramenta **"Explorar entorno"** de [observation.org](https://observation.org), calquera persoa pode mergullarse no fascinante mundo da biodiversidade local dun xeito sinxelo e visual.

Esta función amosa todas as observacións rexistradas nun lugar concreto durante os últimos 10 días. Pero non queda aí: podes cambiar a data final e ver que se observou nos 10 días anteriores á data que escollas.

É perfecta para **familiarizarte co uso de mapas e filtros** de localización antes de pasar a ferramentas máis completas. Comezar con “Explorar entorno” permíteche gañar soltura e confianza para sacarlle cada vez máis proveito a observation.org.

O mellor de todo é que **calquera usuario ten acceso a estas ferramentas**. Non fai falla ser experto para comezar. Abonda con un pouco de curiosidade e ganas de explorar. **Coñecer e usar estas funcións convírtenos en pequenos científicos**, capaces de observar, rexistrar e compartir as nosas descubertas cunha comunidade global interesada na natureza.

Para axudarche cos primeiros pasos, aquí che deixo dous recursos moi prácticos:

🔗** [Explorar entorno paso a paso PDF](https://ocbribadeo.org/storage/Explorar-entorno.pdf)**
🎥 Explorar entorno video tutorial corto

[https://ocbribadeo.org/storage/EXPLORARENTORNOOBSERVATION.mp4](https://ocbribadeo.org/storage/EXPLORARENTORNOOBSERVATION.mp4)

 

Anímate a probalo!