(a traducción do galego a outros idiomas no é de todo fiable)
Fotografía e Biodiversidade (FyB) é unha asociación sen animo de lucro cuxo fin primordial é fomentar a protección e o coñecemento da biodiversidade, enmarcada dentro do que se denomina internacionalmente como ciencia cidadá.
Fotografía e Biodiversidade, nace como asociación no ano 2010, co fin principal de xestionar a plataforma Biodiversidade Virtual, plataforma de ciencia cidadá, pioneira e decana na península Ibérica e illas Baleares e Canarias, de recompilación de datos de biodistribución de especies de flora e fauna a través da fotografía dixital xeorreferenciada, actualmente integrada en www.observation.org tras un acordo de asociación coa Fundación Observation internacional.