Sería inviable subir á páxina toda a galería de imaxes do OCB Ribadeo, de maneira que o mellor é acceder directamente á plataforma Observation.org. Debemos lembrar que nesta galería aparecen todas as fotos de calquera observador, é decir, calquera persoa que rexistrou algunha observación ó longo do tempo nesta ubicación. Ó acceder dende as imaxes, o primeiro que nos vai aparecer é unha pantalla na que nosoutros mesmos podemos filtrar bastantes datos, tal e como se ve nas seguintes imaxes. Pero se non queres filtrar, accede directamente ás diferentes galerías clikando nas imaxes desta entrada. Espero que vos guste e que disfrutedes con imaxes da nosa biodiversidade!
Para acceder, como comentamos antes, directamente ás galerías de imaxes por grupos, vai clickando nas seguintes. Son un total de 19. E disfruta de todas as imaxes actualizadas constantemente! Lembra filtrar por data para poder ver todas as observacións ou aquelas que máis che poidan interesar. As especies que requieren unha especial protección non aparecen públicamente nestas galerías. Pode haber algún erro na clasificación mentres non pasen os validadores.