Datos actualizados a 31/12/2025
No ano 1984 rexístrase a primeira observación en Ribadeo, procedente dunha Referencia Bibliográfica. A segunda observación en Ribadeo, data de 1985, cando un observador dos Países baixos rexistrou 8 especies de aves desta localidade.
En 1990 A Sociedade Española para a conservación e estudo dos mamíferos rexistra 3 das 10 especies que observa na nosa localidade.
Pero é a partir do ano 2011 cando a evolución das observacións mantense máis constante e empeza a percibirse un progresivo aumento de rexistros por parte de observadores que colaboran con esta plataforma de Ciencia Cidadá.
É importante destacar que ata o ano 2023 máis do 80% dos datos do noso OCB proceden de Biodiversidade Virtual, un proxecto da Asociación Fotografa e Biodiversidade, e que actualmente dispón do seu propio portal integrado en Observation.org.
https://biodiversidadvirtual.observation.org/
O xerme de BIODIVERSIDADE VIRTUAL (BV) foi a web Insectarium Virtual, creada en 1995 por un grupo de colaboradores, que foi crecendo ata incorporar en 2007 a segunda galería en importancia e antigüidade de BV, Herbarium Virtual, para ir aos poucos incorporando máis galerías ata converterse en Biodiversidade Virtual, en 2008. En 2010 créase unha asociación sen ánimo de lucro de ámbito nacional Fotografía e Biodiversidade. En 2023 únese ao equipo de Observation España, e importa á plataforma un total de 2,5 millóns de imaxes, entre as cales se inclúe unha gran cantidade de observacións da nosa localidade.
NACIONALIDADE DOS “OBSERVADORES” DA NOSA BIODIVERSIDADE
Cabe destacar neste 2025 o grande incremento de observadores locais da nosa biodiversidade, o que supuxo un notable cambio, pasando a representar o 87% do total de observacións no noso Concello.

MAPA ZONAS DE RIBADEO NAS QUE CONSTAN OBSERVACIÓNS
Todos os datos de rexistros proceden da plataforma de Ciencia Cidadá Observation.org.
No ano 2025 rexistráronse 2.958 observacións, incorporándose 328 especies novas. O total de observacións pasou de 8.732 en decembro de 2024 a 11.690 en decembro de 2025. Así mesmo, o número de especies rexistradas aumentou de 1.277 en 2024 a 1.605 en 2025.
Grazas ao incremento de participantes do noso concello, a súa achega pasou do 64% en 2024 ao 87% en 2025; é dicir, actualmente o 87% das observacións procede de usuarios da localidade.
O maior incremento no número de especies rexistradas en 2025 correspondeu a plantas, seguido de avelaíñas, coleópteros e, en cuarto lugar, dípteros.

No seguinte gráfico podemos ver por categorías o número de especies rexistradas, así como a comparativa cos datos a 31 de decembro de 2024:

LIGAZÓNS PARA CONSULTA EN TEMPO REAL DE DATOS SOBRE A NOSA BIODIVERSIDADE
Aínda que o ideal é explorar por nós mesmos na plataforma e esculcar buscando os datos que máis nos interesen, desde aquí podes acceder directamente a:
Listaxe de especies observadas en Ribadeo (podes filtrar por grupos de especies, …)
https://biodiversidadvirtual.observation.org/locations/724271/species/
Fotografías de observacións en Ribadeo
https://biodiversidadvirtual.observation.org/locations/724271/photos/?advanced=on
Listado de observacións, filtra para máis detalles
https://biodiversidadvirtual.observation.org/locations/724271/observations/?advanced=on
Estes datos actualizáranse periódicamente.

