---
title: "I Bioblitz “Explorando o noso xardín”"
url: https://ocbribadeo.org/i-bioblitz-explorando-o-noso-xardin/
date: 2024-12-28
modified: 2025-01-24
lang: es
author: "OCB Ribadeo"
description: "(a traducción do galego a outros idiomas no é de todo fiable) “La gran Semana” é un gran evento de ciencia cidadá a nivel nacional, onde interveñen organizacións naturalistas, científicas,..."
categories:
  - "Eventos 2024"
tags:
  - "Eventos"
image: https://ocbribadeo.org/wp-content/uploads/bioblitz.jpg
word_count: 273
---

# I Bioblitz “Explorando o noso xardín”

(a traducción do galego a outros idiomas no é de todo fiable)

“La gran Semana” é un gran evento de ciencia cidadá a nivel nacional, onde interveñen organizacións naturalistas, científicas, conservacionistas e institucións que queren promover a ciencia cidadá, apostando por ela como unha maneira de coñecer e conservar a nosa biodiversidade.

Cunha serie de actos coordinados por plataformas de participación cidadá para a biodiversidade, e por organizacións naturalistas e científicas, mobilízase o maior número posible de participantes, para así achegar a maior cantidade de datos posibles sobre a nosa biodiversidade.

No 2024, organizado por Fotografía e Biodiversidade, e rexistrando os nosos datos en Observation.org, participamos neste gran evento cun Bioblitz (téntase rexistrar o maior número posible de especies nun período de tempo determinado e nunha localización determinada) durante os días 21 e 22 de maio. Un grupo de alumnos a alumnas de 1º Bacharelato acompañados polas profesoras Beatriz González e Susi Besteiro, participamos na “Gran Semana dá Ciencia Cidadá pola Biodiversidade”. Uns días antes organizamos unha charla sobre Ciencia Cidadá, e familiarizámonos coa App ObsIdentify para poder rexistrar as nosas observacións.

**Unha gran experiencia que permite aprender de forma divertida e concienciar ao alumnado da importancia da biodiversidade**.

A pesar do mal tempo que tivemos eses dous días, con choiva e baixas temperaturas, conseguimos rexistrar 168 especies dun total de 362 observacións.

Entre elas, unha das participantes, **Nerea Fernández Prado, conseguiu fotografar unha Saitis barbipes, a primeira cita en Ribadeo, araña saltarina considerada como “rareza extrema” a nivel mundial, e “relativamente común” en España**.

![](https://ocbribadeo.org/wp-content/uploads/Imagen1.png)

 

Enlaces a noticias sobre este I Bioblitz do IES Dionisio Gamallo de Ribadeo

[https://www.edu.xunta.gal/centros/iesribadeo/?q=node/1236](https://www.edu.xunta.gal/centros/iesribadeo/?q=node/1236)

[https://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2024/05/23/premian-alumna-encontro-arana-rareza-extrema-ribadeo-durante-trabajo-campo-ciencias/00031716481418261260721.htm](https://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2024/05/23/premian-alumna-encontro-arana-rareza-extrema-ribadeo-durante-trabajo-campo-ciencias/00031716481418261260721.htm)

[https://www.elprogreso.es/articulo/a-marina/ies-ribadeo-localiza-arana-gran-rareza-rastreo-biologico-entorno/202405232303531759193.html](https://www.elprogreso.es/articulo/a-marina/ies-ribadeo-localiza-arana-gran-rareza-rastreo-biologico-entorno/202405232303531759193.html)

 