(a traducción do galego a outros idiomas no é de todo fiable)l
Taxonomía: Reino: Animalia; División o Filo: Chordata; Clase: Reptilia; Orden: Squamata; Familia: Lacertidae; Xénero: Iberolacerta, Especie: Iberolacerta monticola
Rareza da especie rareza Mundial
Estatus da especie nativo Mundial nativo España
A lagartixa serrana é unha especie catalogada como Vulnerable na Lista Vermella da IUCN (Unión Internacional para a Conservación da natureza) e no Catálogo Galego de Especies Ameazadas. Ademais, atópase como De interese especial polo Real Decreto 139/2011, que desenvolve a Listaxe de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial e regula o Catálogo Nacional de Especies Ameazadas e estritamente protexida polo Convenio de Berna (Anejo II).
A lagartixa serrana (Iberolacerta monticola) é un endemismo ibérico presente únicamente no cuadrante noroccidental da Península Ibérica. Atópase limitada en España á Cordilleira Cantábrica, ao norte da Coruña e a Lugo; e en Portugal, á Serra da Estrela. Así mesmo, algunha poboación no Sistema Central da Península.
Iberolacerta monticola distribúese desde o nivel do mar en Galiza ata case os 2.000 m en Portugal, pero o seu rango altitudinal preferente está entre os 600 e 2.000 m na maioría das poboacións.
En RIBADEO, de momento, foi rexistrada en dúas localizacións distintas na plataforma Observation.org, aínda que se coñece polo menos outra localización procedente de rexistros doutras plataformas de Ciencia Cidadá.
Nos seguintes mapas de presenza, poder ver a súa distribución na Península e tamén máis detallada en Galiza.
É unha especie ligada a roquedos de alta montaña, e con adaptacións morfolóxicas para desprazarse polas rocas e refuxiarse en gretas, aínda que tamén utiliza canchales de rocas grandes, con matogueiras e pasteiros. Na Cordilleira Cantábrica ocupa tamén rocas dentro de brezales e bosques caducifolios. En Galicia pódese atopar en construcións en marxes de ríos e en terreos con pendente acusada pero sempre preto do leito do río.
En Galiza, moitas poboacións sobreviviron aos continuos incendios que sofren os montes da provincia, grazas a que se refuxian nas zonas rochosas con pouca vexetación. Doutra banda, as poboacións próximas a ríos atópanse formadas por núcleos illados de poucos individuos e algunhas en declive e mesmo extinguidas.
A fragmentación das súas poboacións é a principal causa do seu declive. Poboacións illadas formadas por poucos individuos, falta de variabilidade xenética, e ademais calquera morte dentro da poboación minguará as súas oportunidades reprodutoras. Esta fragmentación foi causada pola perda continua de hábitat como resultado da agricultura, a silvicultura, o turismo e os incendios.
A lagartixa serrana é un réptil de talla media cunha cabeza grande e aplanada. Alcanza a madurez sexual aos 2-3 anos e non adoita vivir máis de 8. Unha das súas características máis destacables é a alta variabilidade na coloración (de marrón a verde brillante) e debuxo dorsal (manchas negras) do seu corpo, especialmente nos machos adultos, variando non só entre poboacións, senón tamén entre individuos da mesma poboación. As femias e machos novos adoitan ser pardos, mentres que os machos adultos adoitan presentar diferentes tons de verde.
Visita “Como fotografiar LAGARTIXAS…” e non deixes de subir as túas citas a Observation.org se atopas algunha por esta zona!