---
title: "Ruta interpretativa Fauna intermareal de Ribadeo"
url: https://ocbribadeo.org/ruta-interpretativa-fauna-intermareal-de-ribadeo/
date: 2025-04-19
modified: 2025-05-29
lang: es
author: "OCB Ribadeo"
description: "Unha experiencia que non esqueceremos fácilmente. Así foi o evento organizado por Dani Prieto, coa colaboración de OCB Ribadeo, no marco da Gran Semana da Biodiversidade (proxectos da Asociación Fotografía..."
categories:
  - "Eventos 2025"
tags:
  - "EVENTOS 2025"
image: https://ocbribadeo.org/wp-content/uploads/BUENO-DANI.jpg
word_count: 207
---

# Ruta interpretativa Fauna intermareal de Ribadeo

**Unha experiencia que non esqueceremos fácilmente.** Así foi o evento organizado por Dani Prieto, coa colaboración de OCB Ribadeo, no marco da *Gran Semana da Biodiversidade* (proxectos da Asociación Fotografía y Biodiversidad).

En total, participamos 16 persoas nesta ruta interpretativa pola costa. Debido á sensibilidade do entorno rochoso, tivemos que limitar o grupo, o que nos deixou con ganas de repetir a actividade para dar cabida a todas as persoas interesadas.

A xornada foi unha oportunidade fantástica para aprender e sorprendernos coa biodiversidade do litoral, especialmente na zona intermareal rochosa. Grazas ao coñecemento e á mirada atenta de Dani, puidemos descubrir especies que probablemente nos pasarían desapercibidas á maioría.

**Contamos ademais cunha guía elaborada especialmente para esta actividade por Saúl Rodríguez, coa colaboración de Dani. Un recurso moi útil que nos axudou a identificar moitas das especies observadas, en formato PDF**

[![](https://ocbribadeo.org/storage/Captura-de-pantalla-2025-05-29-182214.png)](https://ocbribadeo.org/storage/Ribadeo-Guia-de-Identificacion-de-Especies-del-Intermareal-Cantabrico.pdf)

Se che interesa a natureza e queres contribuír ao seu coñecemento, animámoste a saír explorar e a compartir as túas observacións en **Observation.org**, usando a app **ObsIdentify**.

En canto ás especies observadas, deixamos unha guía daquelas que fotografiamos ese día, anque hai moitísimas máis ... Preme naquela que queiras ollear ...

[![](https://ocbribadeo.org/storage/ESPECIES-RUTA-INTERMAREAL.jpg)](https://ocbribadeo.org/storage/AREOSAESPECIESRUTA.pdf)Aquí che deixamos algunas fotos dese día tan especial.

![](https://ocbribadeo.org/storage/WhatsApp-Image-2025-05-23-at-18.48.10.jpeg)

![](https://ocbribadeo.org/storage/DSC8489.jpg)

![](https://ocbribadeo.org/storage/DSC8508.jpg)

![](https://ocbribadeo.org/storage/DSC8521.jpg)

![](https://ocbribadeo.org/storage/DSC8552.jpg)

![](https://ocbribadeo.org/storage/DSC8558.jpg)

![](https://ocbribadeo.org/storage/DSC8580.jpg)

![](https://ocbribadeo.org/storage/DSC8614.jpg)

![](https://ocbribadeo.org/storage/DSC8659.jpg)

![](https://ocbribadeo.org/storage/DSC8663.jpg)

![](https://ocbribadeo.org/storage/DSC8665.jpg)

![](https://ocbribadeo.org/storage/DSC8651.jpg)

E estate atento .... porque repetiremos!!!!!