---
title: "TAXOFOTO"
url: https://ocbribadeo.org/taxofoto/
date: 2025-09-12
modified: 2025-09-12
lang: es
author: "OCB Ribadeo"
description: "Que é Taxofoto? Trátase dunha guía visual, en formato PDF, en liña e descargábel. O traballo coordinado e voluntario de centos de naturalistas dá forma a estas guías, recompilando detalles..."
categories:
  - "Interésame"
image: https://ocbribadeo.org/wp-content/uploads/taxofichas.jpg
word_count: 128
---

# TAXOFOTO

**Que é Taxofoto?**
Trátase dunha guía visual, en formato PDF, en liña e descargábel.

O traballo coordinado e voluntario de centos de naturalistas dá forma a estas guías, recompilando detalles morfolóxicos dos bancos fotográficos e as explicacións pertinentes dos expertos, de xeito que se facilite a fotoidentificación de todo tipo de seres vivos: invertebrados, mamíferos, aves, fungos, flora, etc.

**Cal é a filosofía do proxecto?**
Compartir coñecementos, poñer en común ferramentas e avanzar na sensibilización e concienciación da sociedade respecto ao medio natural, a partir do coñecemento do mesmo. Neste sentido, fomentar o uso da fotografía como medio de coñecemento da natureza e como unha forma moi pouco destrutiva de interacción con ela.

Descubre e descarga de balde as nosas Taxofichas.

**Preme na seguiente imaxe e accede ás nosas taxofichas!**

[![](https://ocbribadeo.org/storage/taxofoto2.jpg)](https://www.fotografiaybiodiversidad.org/taxofoto/)