---
title: "Xoaniñas"
url: https://ocbribadeo.org/xoaninas/
date: 2025-10-29
modified: 2025-12-19
lang: es
author: "OCB Ribadeo"
description: "As xoaniñas son pequenos escaravellos de cores vivas —vermellas, laranxas ou amarelas con puntiños negros— que serven como sinal de advertencia para os seus depredadores. Aínda que adoita virnos á..."
categories:
  - "A nosa biodiversidade"
image: https://ocbribadeo.org/wp-content/uploads/Psyllobora-vigintiduopunctata.jpg
word_count: 224
---

# Xoaniñas

As xoaniñas son pequenos escaravellos de cores vivas —vermellas, laranxas ou amarelas con puntiños negros— que serven como sinal de advertencia para os seus depredadores. Aínda que adoita virnos á cabeza a coñecida xoaniña de sete puntos (*Coccinella septempunctata*),** existen máis de 6.000 especies en todo o mundo e arredor de 120 na Península Ibérica.**
Pasan por unha metamorfose completa: ovo, larva, pupa e adulto. Tanto as larvas como os adultos son grandes depredadores de pulgóns e cochinillas, polo que **teñen un papel esencial no control biolóxico natural**. Viven en pradeiras, sebes, cultivos e xardíns, onde atopan alimento e refuxio.
Aínda que moitas especies non están formalmente avaliadas, detectouse un **declive nas poboacións autóctonas** en varias rexións. As principais causas son:
• Competencia con especies invasoras, especialmente coa xoaniña asiática (Harmonia axyridis).
• Uso intensivo de praguicidas.
• Perda de hábitat e simplificación da paisaxe agrícola.
• Efectos do cambio climático.
Favorecer sebes, marxes e vexetación natural en campos e xardíns, reducir o uso de insecticidas e participar en programas de ciencia cidadá son accións clave para protexer estes valiosos aliados da biodiversidade.
En Ribadeo, ata o momento, levamos observadas e rexistradas en Observation.org 7 especies:

# Adalia decempunctata

 

![](https://ocbribadeo.org/storage/Adalia-decempunctata.jpg)

![](https://ocbribadeo.org/storage/Adalia-decempunctata2.jpg)

 

# Chilocorus renipustulatus

![](https://ocbribadeo.org/storage/Chilocorus-renipustulatus.jpg)

[*Coccinella septempunctata*](https://biodiversidadvirtual.observation.org/species/8944/observations/)

![](https://ocbribadeo.org/storage/Coccinella-septempunctata.jpg)

# Coccinella undecimpunctata

![](https://ocbribadeo.org/storage/Coccinella-undecimpunctata.jpg)

# Hippodamia variegata

![](https://ocbribadeo.org/storage/Hippodamia-variegata.jpg)

![](https://ocbribadeo.org/storage/Hippodamia-variegata2.jpg)

# Propylea quatuordecimpunctata

![](https://ocbribadeo.org/storage/Propylea-quatuordecimpunctata.jpg)

![](https://ocbribadeo.org/storage/Propylea-quatuordecimpunctata2.jpg)

 

# Psyllobora vigintiduopunctata

![](https://ocbribadeo.org/storage/Psyllobora-vigintiduopunctata.jpg)

Anímate a participar e axudarnos a rexistrar as xoaniñas de Ribadeo!