AI agents: a clean Markdown version of this page is available at https://ocbribadeo.org/index.md. Send Accept: text/markdown to any URL for the same content.
Os OCB son un proxecto da “Asociación Fotografía y Biodiversidad”. Trátase de fomentar a participación da cidadanía na toma de datos de Biodiversidade (flora e fauna) dunha poboación, comarca, territorio ou área xeográfica. Os OCB contan cun responsable que axuda a promocionar e facilitar a toma e rexistro de datos desa área, ofrecendo axuda en todo momento para resolver calquera dúbida e colaborando activamente na organización de eventos na zona.
Para o cidadán que visita o espazo natural en cuestión o beneficio é que se identifican as fotografías que realiza e obtén coñecementos da súa biodiversidade achegando datos para a ciencia e a conservación.
Para os espazos naturais da contorna, o beneficio é que a través da nosa web, pode obter listaxes da biodiversidade da zona que permitirán unha xestión adecuada, á vez que implica aos usuarios no estudo e coñecemento da zona, potenciando a súa participación.
Para Ribadeo significa integrarse na rede de OCB de España e incrementa a súa contribución ao coñecemento, divulgación e preservación da biodiversidade.
Fotografía y Biodiversidad (FyB)
É unha asociación sen ánimo de lucro cuxo fin primordial é fomentar a protección e o coñecemento da biodiversidade, enmarcada dentro do que se denomina internacionalmente como Ciencia Cidadá.
Fotografía y Biodiversidad, nace como asociación no ano 2010, co fin principal de xestionar a plataforma “Biodiversidad Virtual”, plataforma de ciencia cidadá, pioneira e decana na península Ibérica e illas Baleares e Canarias, de recompilación de datos de biodistribución de especies de flora e fauna a través da fotografía dixital xeorreferenciada. “Biodiversidad Virtual” atópase actualmente integrada en www.observation.org tras un acordo de asociación coa Fundación Observation internacional
Actualidade | Blog
Cicadellidae en fotos (as que se atoparon por Ribadeo)
Cicadella viridis Cicadella viridis é, probablemente, a especie máis coñecida pola súa coloración verde esmeralda intensa, con tons azul turquesa, e resulta relativamente fácil de recoñecer no campo. Mide entre 7 e 9 mm. Está amplamente distribuída por Europa e gran parte de Asia temperada. Na Península Ibérica é máis frecuente na metade norte, onde…
Cicadellidae: a vida diminuta que se agocha entre as follas.
Esta entrada nace a raíz de atopar numerosos cicadélidos durante o Bioblitz celebrado no IES de Ribadeo con alumnado de 1º de Bacharelato de Bioloxía, dentro das actividades da Gran Semana da Biodiversidade. A pesar de seren un dos grupos de insectos máis abundantes da nosa contorna, a maioría do alumnado descoñecía a súa existencia,…
Ribadeo colabora con SOCEME
Ribadeo súmase ao estudo e conservación das bolboretas coa incorporación de dous novos transectos ao programa de seguimento de SOCEME. Estes percorridos, situados en Riocaínzos e no Rego de Villaselán, forman parte da rede de seguimento coordinada por SOCEME Galicia, contribuíndo á recollida de datos fundamentais para coñecer a evolución das poboacións de bolboretas e…
EXPLORAR ENTORNO
A ferramenta “explorar entorno” en observation.org é unha das máis sinxelas, pero que nos vai permitir familiarizarnos coa plataforma e todas as súas posibilidades de exploración. Así que anímate a ver este videotutorial no que aprenderás a explorar as observacións dunha localidade, municipio, área dunha forma moi sinxela. Ferramentas para explorar localizacións de maneira máis…