Ribadeo colabora con SOCEME

Ribadeo súmase ao estudo e conservación das bolboretas coa incorporación de dous novos transectos ao programa de seguimento de SOCEME. Estes percorridos, situados en Riocaínzos e no Rego de Villaselán, forman parte da rede de seguimento coordinada por SOCEME Galicia, contribuíndo á recollida de datos fundamentais para coñecer a evolución das poboacións de bolboretas e…

EXPLORAR ENTORNO

A ferramenta “explorar entorno” en observation.org é unha das máis sinxelas, pero que nos vai permitir familiarizarnos coa plataforma e todas as súas posibilidades de exploración. Así que anímate a ver este videotutorial no que aprenderás a explorar as observacións dunha localidade, municipio, área dunha forma moi sinxela. Ferramentas para explorar localizacións de maneira máis…

Coscos e caracolas terrestres

Os coscos e as caracolas terrestres pertencen ao grupo dos gasterópodos, pero presentan características que os distinguen con claridade. Os coscos teñen unha cuncha en espiral máis arredondada e poden retraerse completamente nela, mentres que as caracolas adoitan ter cunchas máis alongadas ou cónicas, moitas veces máis grosas, e non sempre lles permiten ocultarse de…

Tomocerus vulgaris

Tomocerus vulgaris: un mini saltador que vive baixo os teus pés Tomocerus vulgaris é un deses animais que case nunca vemos, pero que están en todas partes. Trátase dun colémbolo —un dos hexápodos máis primitivos— que vive agochado entre a follasca, o musgo e a madeira en descomposición. Aínda que apenas mide entre 2 e…

Anfibios de Ribadeo: unha chamada á participación cidadá

Ribadeo alberga unha riqueza natural extraordinaria, e entre os seus tesouros máis sensibles e fascinantes atópanse os anfibios. Rás, sapos, sapagueiras, … conviven nos nosos humidais, pozas temporais, bosques e cursos de auga, desempeñando un papel fundamental no equilibrio dos ecosistemas e actuando como indicadores da saúde ambiental. Cada fotografía, cada rexistro e cada dato…

Xoaniñas

As xoaniñas son pequenos escaravellos de cores vivas —vermellas, laranxas ou amarelas con puntiños negros— que serven como sinal de advertencia para os seus depredadores. Aínda que adoita virnos á cabeza a coñecida xoaniña de sete puntos (Coccinella septempunctata), existen máis de 6.000 especies en todo o mundo e arredor de 120 na Península Ibérica.…

TAXOFOTO

Que é Taxofoto?Trátase dunha guía visual, en formato PDF, en liña e descargábel. O traballo coordinado e voluntario de centos de naturalistas dá forma a estas guías, recompilando detalles morfolóxicos dos bancos fotográficos e as explicacións pertinentes dos expertos, de xeito que se facilite a fotoidentificación de todo tipo de seres vivos: invertebrados, mamíferos, aves,…

Moscas

A orde Diptera abrangue un amplo conxunto de insectos cun trazo en común: un só par de ás funcionais, mentres que o segundo par está reducido a halterios que lles axudan a manobrar no voo. Nel atopamos non só as moscas, senón tamén mosquitos, toupóns, sírfidos e moitas outras formas. A súa diversidade de formas,…